El mercado determina moneda, catálogo y pagos, sin cambiar el idioma.
Cando o mundo aínda non era unha esfera diáfana, entre as súas sombras agochábanse marabillas e abominacións. A imaxinación humana creou figuras, animais e seres mitolóxicos que nos acompañan desde hai milenios. Nesta obra, escrita en Europa no século VIII por unha man anónima, todas esas criaturas brotan e hoxe en día seguen a abraiar.